Dentro do proxecto «Experiencia Breogán» e con motivo do Día Mundial de Concienciación do Autismo unha pequena expedición do Club Baloncesto Breogán SAD e Fundación Breogán visitaron a nosa entidade.

Erik Quintela e Tyler Kalinoski, xogadores do C.B Breogán, xunto con Salva Arco, Director da Fundación Breogán, visitaron as nosas instalacións e coñeceron ós nosos usuarios e traballadores.