
Outro ano máis con motivo de avanzar cara a unhas festas patronais máis accesibles, Raiolas Lugo pon ó dispor de toda a cidadanía cascos antiruído no punto de información turístico situado na Praza Maior.
Ademáis, dende Raiolas Lugo xunto con Aspace Lugo, solicitamos unha hora sen ruído (con baixada de decibeis) de 17:00 h. a 18:00 h. da tarde, que foron concedidas polo Concello de Lugo durante o período festivo. Con estas dúas accións seguimos contribuíndo a facer da nosa cidade unha contorna máis accesible para todos e todas.
