O vindeiro venres 21 de febreiro, o Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, convertirase no epicentro da gastronomía e a solidariedade coa 1ª edición de «Diez Raz10nes», un evento benéfico cuia recaudación estará destinada a Raiolas Lugo e Down Lugo.

Esta experiencia única, impulsada por Allentum, Atalaya Comunicación e Publicidade, Arrocería Os Cachivaches, Canedo Restaurante & Brasería, Restaurante España e Kronos, coa colaboración da Escola de Hostelería IES Sanxillao, reunirá a máis de dez prestixiosos chefs e os seus respectivos equipos. Será unha velada con diferentes protagonistas de renombre e reclamos artísticos, pero con un atractivo central culinario.

Esta iniciativa busca atraer a participación de colaboradores, patrocinadores e empresas, con un único obxectivo; fomentar o apoio e o impulso económico a entidades sociais, canalizándoo a través da alta cociña.

Na web https://diezraziones.com/  encontraredes toda a información do evento e poderedes comprar as vosas entradas.