Do mércores 12 de decembro ao venres 14 celebrarase o Mercadillo de Nadal Diversiarte, situado na praza Anxo Fernández Gómez (detrás do concello).

Como en anteriores edicións a Asociación Raiolas-Lugo contará cun posto de venda no que se poderá adquirir lotería, o calendario solidario para o ano 2019 e produtos artesanais creados polos usuarios e usuarias da asociación.

É unha boa ocasión para comprar agasallos do Nadal á vez que se colabora cunha causa solidaria.

Esperámosvos!