O sábado 4 de xullo organizamos un novo taller dentro do noso Programa Escola de Familias en colaboración co Concello de Lugo:

Taller de Integración Sensorial: Xogo sensoriomotor para a regulación, diversión e desenvolvemento no Autismo».

Nesta ocasión contamos con Bruno Sanz Beaudry, diplomado en Terapia Ocupacional e Fisioterapia, pola Universidade Saint-Anne (Canadá).