O próximo sábado día 2 de Abril celebramos o Día Mundial de Concienciación do Autismo baixo o lema «Un feliz viaje por la vida» co que se pretende visibilizar o dereito das persoas con TEA e as súas familias a ter unha vida feliz.

Dende a Asociación Raiolas Lugo sumámonos a esta campaña un ano máis e organizamos unhas actividades nas que vos animamos a participar.