Asistimos á presentación da edición 2026/2027 do Proxecto Interdisciplinar ASerES Lugo: Aprendizaxe-Servizo con Entidades Socioeducativas para a formación de futuras mestras e mestres, na Facultade de Formación do Profesorado.

Durante a xornada, tivemos a oportunidade de dar a coñecer a nosa entidade ó alumnado de 1º curso de Educación Primaria e do Dobre Grao e achegar o noso traballo diario ás futuras profesionais da educación.