Compartimos a nosa aparición na Voz de Galicia, nunha reportaxe titulada «El Autismo: comprender, acompañar y apoyar», que recolle parte do traballo que realizamos dende Raiolas, así como a importancia da atención temperá, o acompañamento ás familias e a coordinación entre profesionais.

Grazas a La Voz de Galicia. Edición Lugo por dar visibilidade á realidade das persoas con TEA e das súas familias e por axudarnos a seguir visibilizando á sociedade.

Grazas tamén ás persoas relatoras que participaron no coloquio, pola súa implicación, profesionalidade e por compartir coñecemento e experiencia nun espazo tan necesario.