
Acompaña a Óscar Domínguez Rodríguez no seu reto solidario, nunha carreira de 24 horas polo adarve da Muralla, do 30 de maio ás 11:00 am ata o 31 de maio ás 11:00 am, a favor da Asociación Raiolas Lugo e Capaces Lugo, para apoiar ás persoas autistas e ás súas familias.
Cómo colaborar?
-Doazón reto solidario:
https://www.migranodearena.org/reto/24-horas-x-el-autismo.
-Se queres que a túa empresa esté no noso photocall, por unha doazón mínima de 50 euros, envíanos o teu logo a: 24hxautismo@gmail.com.
-Ven á Muralla de Lugo, compra a túa camiseta por 20 euros e acompaña a Óscar nalgunha volta.
-Comparte este reto para que chegue a máis persoas.
Todo o que se recaude irá destinado ós seguintes proxectos:
-Raiolas Lugo: apoiar programas de emprego con apoio para persoas autistas, favorecendo a súa inclusión social.
-Capaces Lugo: impulsar o proxecto de vivenda para traballar a autonomía de persoas con autismo, que busca ofrecer oportunidades de vida independente.
CADA PASO CONTA!! AGARDÁMOSTE!!
