O pasado sábado 4 de xullo vivimos unha xornada chea de aprendizaxe, participación e diversión.

Dentro do Programa Escola de Familias 2026, en colaboración co Concello de Lugo, celebramos o taller «Integración sensorial: xogo sensoriomotor para a regulación, diversión e desenvolvemento no autismo», que impartiu Bruno Sanz Beaudry.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que as persoas participantes puideron descubrir novas ferramentas e recursos prácticos, resolver dúbidas e compartir experiencias.

Grazas a todas as familias por acompañarnos e formar parte desta xornada.