O pasado venres recibimos en Raiolas Lugo a Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento de Galicia e Iria Buide, Concelleira do BNG de Lugo, para coñecer de primeira man as nosas instalacións e manter un encontro con Equipo de Raiolas para interesarse pola nosa labor e escoitar as necesidades e demandas da entidade.

Agradecemos a súa dispoñibilidade e interese polo traballo que realizamos cada día coas persoas con TEA e as súas familias.