
O domingo 7 de setembro celebramos o XVI Torneo Benéfico de Golf Raiolas Lugo e non podemos estar máis agradecidos/as polo apoio recibido.
Grazas a GolfLugo Lugo pola súa implicacón e xenerosidade un ano máis.
Grazas a todas as empresas e entidades colaboradoras, que fixeron posible o sorteo solidario e puxereon o seu gran de area para que este día fose especial e grazas tamén a todas as persoas participantes e asistentes, polo voso entusiasmo, solidariedade e bo ambiente durante toda a xornada.
Agardamos con ilusión a seguinte edición.

