O pasado Domingo día 6 de setembro celebramos o XVII Torneo Benéfico de Golf Raiolas Lugo e non podemos estar máis agradecidos/as polo apoio recibido.

Grazas ó Club de Golf de Lugo pola súa implicación e xenerosidade un ano máis.

Grazas a todas as empresas e entidades colaboradoras, que fixeron posible o sorteo solidario e puxeron o seu gran de area para que este día fose especial.

Grazas a todas as persoas participantes e asistentes, polo voso entusiasmo, solidariedade e bo ambiente durante toda a xornada.

Agardamos con ilusión a seguinte edición!!