O vindeiro 28 de Setembro terá lugar unha nova charla dentro do noso Programa Escola de Familias en colaboración co Concello de Lugo. Nesta ocasión contaremos coa presenza de Javier Riobó Delgado para falarnos dos efectos da sobreprotección familiar en TEA.

Licenciado en Psicoloxía. Máster en Integración de Persoas con Discapacidade e Calidade de Vida do Instituto de Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca. Actualmente leva a cabo a súa actividade profesional na Asociación ASPAS e Fademga Plena Inclusión