
Asistimos á primeira actividade de «Miño Vivo», un proxecto de educación ambiental na Reserva da Biosfera Terras do Miño, impulsado pola Fundación Breogán e UNED Lugo.
Foi unha xornada de contacto coa natureza, aprendizaxe e inclusión no entorno do Río Miño.
Esta iniciativa fomenta a participación social, o coñecemento da biodiversidade e o coiado do patrimonio natural de Lugo.
Agradecemos a UNED Lugo e a Fundación Breogán esta invitación.
