
Renovamos a capacidade tecnolóxica da entidade para optimizar a atención e intervención coas persoas usuarias e as súas familias a través do Proxecto de Modernización Tecnolóxica concedido dentro do Convenio de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e FADEMGA Plena Inclusión, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
