
Compartimos con todos vós unha alegría inmensa coa incorporación deste novo vehículo adaptado ós nosos servizos de atención a persoas autistas. Este investimento mellorará substancialmente a calidade dos nosos traslados e dos programas desenvoltos en Lugo e arredores, facilitando que os nosos usuarios participen en todo tipo de actividades.
Esta adquisición foi posible grazas ó financiamento da Xunta de Galicia a través da subvención IF403-Axudas para a adquisición de vehículos adaptados que faciliten a prestación de servizos a persoas dependentes ou a persoas con discapacidade por parte de entidades de iniciativa social da Comunidade Autónoma de Galicia.
Co novo vehículo xa listo…estamos desexando empezar a facer quilómetros!
O noso sincero agradecemento á Xunta de Galicia.
