Raiolas Lugo, xunto co Concello de Lugo, traballamos para promover unhas festas máis accesibles e inclusivas, adaptando diferentes medidas para que todas as persoas podan desfrutar das festas da cidade:

*Festas sen cohetes, para reducir o impacto do ruído.

*Cascos antirruído, dispoñibles para quen os precise durante as actividades festivas, podendo solicitalos no punto de información turística da Praza Maior.

*Unha hora sen ruído, establecendo un período de calma acústica onde as barracas baixan o volume da música e dos altofalantes de 17:00 a 18:00 horas todos os días.

*Pases de acceso prioritario, para facilitar a entrada e participación de persoas que poidan necesitar medidas de accesibilidade ou apoio. Poden solicitarse no punto de información turística da Praza Maior.

Toda a información dispoñible na páxina 38 da Programación das Festas.

Raiolas Lugo, por unhas festas máis inclusivas, accesibles e para todas as persoas.