O día da inauguración do centro de día foi un día especial, emotivo e inesquecible para a Asociación Raiolas Lugo. Inauguramos o primeiro Centro de Día para Persoas con TEA da Provincia de Lugo (Centro Concertado coa Xunta de Galicia).
Estamos enormemente agradecidos con todas as persoas que compartiron connosco este día e con todos os colaboradores pola súa aportación solidaria e altruista.
Cociñeiros de Lugo, IES Sanxillao-Lugo, Estrella Galicia, Gadis, Down Galicia, Oca Hotels, Arrocería Os Cachivaches, Canedo Brasería Restaurante Lugo, Adega Proencia, Inés Penelas by INPE que se encargaron do impresionante servizo de catering e restauración.
Os Xílgaros de Lugo e Palimoco Teatro Danza que se encargaron da parte artística coa que emocionar a todos os asistentes.
Tu jardín e Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) proporcionando as flores do noso infinito e o mobiliario nesta celebración.
Tamén o noso agradecemento tanto ás Administracións Públicas como á Fundación ONCE e Grupo Bimbo Bcs á súa colaboración.
A todos eles GRACIAS.