A Asociación Raiolas Lugo, grazas á colaboración co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) da USC vai desenvolver por terceiro ano consecutivo un proxecto interdisciplinar co alumnado de primeiro curso do Grao en Mestra/e de Educación Primaria e Dobre Grao en Mestra/e de Educación Infantil e Educación Primaria que ten por finalidade o desenvolvemento de competencias relacionadas coa participación social e a prestación de servizos así como aquelas propias da profesión de mestre.

Esta actividade de participación social desenvolverase entre setembro e decembro do curso académico 2024-2025. A nosa Psicóloga sanitaria Ana Mª García impartiu unha charla informativa ó alumnado destos graos dándose por iniciado dito proxecto.