Javier Riobó Delgado, psicólogo especialista en integración de persoas con Discapacidade e Calidade de Vida, acompañounos nunha nova charla dentro do noso Programa de Escola de Familias que desenvolvemos en colaboración co Concello de Lugo.

Nesta ocasión aprendemos a identificar actitudes e comportamentos sobreprotectores e estratexias para fomentar unha maior independencia nas persoas con TEA na contorna familiar.