A nosa entidade xunto co Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) e a Escola de Enfermería da USC, vai desenvolver o proxecto interdisciplinar «Xuntos no coidado».

Este proxecto busca fomentar unha colaboración significativa entre os/as estudantes de enfermería e os rapaces/zas do Centro de Día Raiolas Lugo (Centro Concertado coa Xunta de Galicia) e proporcionar ós estudantes unha comprensión profunda e práctica do autismo, mentras os nosos rapaces/zas reciben apoio e atención personalizada que favoreza o seu benestar, autocoidado e autosuficiencia.

O pasado xoves 26 de setembro, Ana García, Psicóloga Sanitaria da nosa entidade levou a cabo o primeiro obradoiro de sensibilización «Coñecendo e comprendendo o TEA».