O vindeiro sábado 8 de Xuño teremos unha nova charla dentro do Programa de Escola de Familias para falar das alteracións comunicativas no autismo.

Nesta ocasión vai a acompañarnos Paula Villena Bolinches. Neuropsicóloga e responsable da área de formación da Federación Autismo Madrid para falarnos dos fundamentos do desenvolvemento comunicativo, estratexias e a familia como centro da intervención.