O vindeiro 15 de novembro terá lugar unha nova charla no noso programa Escola de Familias 2025, en colaboración co Concello de Lugo, destinado ás persoas socias da nosa entidade.

Nesta ocasión contaremos con Elena Yagüe Garde, Diplomada en Terapia Ocupacional pola UCM de Madrid e Doutorada pola Universidade de Oviedo.