Xunta de Galicia

A nosa entidade está a levar a cabo tres programas financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2023.

-Programa de Atención terapéutica a persoas con TEA/TCS e ás súas familias no medio rural.

-Atención temperá e sociosanitaria a persoas con TEA.

-Apoio integral a familias de persoas con TEA en situación de especial vulnerabilidade.