O pasado luns 29 de Xaneiro demos comezo ó noso taller de irm@s 2024, cunha actividade incluída dentro do Programa Apoio integral a Familias de persoas con TEA en situación de especial vulnerabilidade, financiado  pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2023.