Compartindo momentos de emoción, risas e moitas ganas de superarse.

A nosa entidade xunto con Dano Cerebral Lugo completamos a primeira actividade de AROS LUZ, demostrando que o deporte é un lugar de encontro, esforzo e ilusión compartida.

A sesión estivo dirixida polos adestradores da Fundación Breogán, Maísa López e Javier Casal, xunto coa educadora social @maru_pf que xunto co persoal das dúas asociacións fixeron desta xornada unha experiencia inesquecible.