Pioneiros na Provincia de Lugo na atención a persoas con Trastornos do Espectro Autista, a Asociación Raiolas Lugo inaugura un centro de atención a persoas con Autismo e ás súas familias.
“Raiolas Lugo”, Asociación de Pais e Persoas con Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento, foi fundada na Cidade de Lugo o 29 de abril do ano 2000, para dar cobertura as necesidades de atención que as persoas con autismo desta Provincia estaban demandando. Sucesivamente a Entidade foi establecendo servizos tanto de asesoramento, como escolas de pais ou ocio e tempo libre, que se ven agora incrementados con esta importante inauguración.
Con este novo Centro de atención Raiolas busca dotar a todas as persoas que sufren autismo e ás súas familias dunha rede de servizos que incluirá, ademais dos xa mencionados, servizos de apoio e orientación a familias, atención terapéutica individualizada, logopedia e formación de voluntariado. Estará atendido por unha psicóloga e unha logopeda e dará cobertura a unha media de 23 persoas usuarias da Asociación e as súas respectivas familias.
Asistirán:
Branca Rodriguez Pazos, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (confirmado)
Carmen Basadre Vázquez, Concelleira da Muller e Benestar Social do Concello de Lugo (confirmado)
Neves Núñez, Concelleira do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Lugo (confirmado)
Demetrio Campo Rey, Xefe de Administración e Patrimonio do IGVS
(confirmado)
Eugenio Basanta Curbera, ex Xefe de Área Provincial do IGVS (confirmado)
Dolores Benancio, Presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia.
O acto de inauguración terá lugar:
DIA: 20 DE ABRIL
HORA: 12:30 A.M.
LUGAR: RÚA LAMAS DE PRADO Nº 75 BAIXO
