FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA

Boletín Nº 20

JUNIO 2006

ACTIVIDADES ASOCIACIÓN RAIOLAS-LUGO

A Asociación Raiolas participa no Proxecto «Avanza» destinado promover a igualdade das persoas con discapacidade no tocante ás súas posibilidades de acceso ao ensino superior. Este proxecto é candidato ao «Programa Comunitario de Acción para combate da discriminación».

O Proxecto conta entre os seus impulsores con entidades de Italia, Lituania, Polonia e Grecia. En España, Lugo lidera a iniciativa, na que conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela, a Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), COGAMI-Lugo, a Asociación Síndrome de Down Lugo e a Asociación Raiolas Autismo Lugo.

En palabras da Concelleira de Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, esta iniciativa responde á necesidade «de rapaces que están estudando e que se atopan con barreiras xa non só arquitectónicas, senón psicosociais, que inflúen na súa accesibilidade ao ensino superior». O programa pretende dar solución á ausencia de sensibilidade respecto deste problema, á ausencia de capacidades dos profesionais da educación e á carencia de atención coa que conta este alumnado na programación académica, para esto con «Avanza» búscase a formación específica de 295 persoas no municipio de Lugo para buscar metodoloxías que se aplicarían cos pais destes alumnos, así coma cos profesores e os restantes profesionais que están en contacto con eles durante a súa formación. A edil estima que as actividades de información e divulgación que se derivarían deste proxecto implicarían a formación nestas cuestións de aproximadamente 5.000 persoas.

Rapaces da Asociación Raiolas participaron o día 3 de xuño no Día Mundial do Medio Ambiente, unha iniciativa da Fundación Solidaridad de Carrefour, en colaboración coas Concellarías de Muller e Benestar Social e Medio Ambiente do Concello de Lugo. O Proxecto, que leva o nome de «Medio Ambiente e Discapacidade» levouse a cabo mediante un concurso de debuxo no que participaron 15 rapaces.

O día 11 de xuño a Asociación organizou unha visita ao parque natureza de Marcelle. Esta visita, que estivo dirixida por unha guía, permitíu aos rapaces de Raiolas, desfrutar dunhas horas nun espazo destinado a diversas especies animais e dun cómodo paseo a través dun parque que permite ao visitante desfrutar da observación de cada unha das especies nun hábitat o máis parecido ao propio de cada un.